CONCELLERÍA DE DEPORTES
8ª Andaina conmemorativa do programa de Educación Física contra a Fatiga oncolóxica
10-06-2016
A xornada comezará coa recollida de dorsais e a benvida aos participantes. Ás 10:30 horas partirá a marcha de adultos que terá unha duración aproximada dunha hora. Ao remate da mesma, celebraranse na Praza do Concello as carreiras infantís nas que poderán participar nenos/as de 3 a 6 anos. Ás 12.00 horas haberá unha exhibición do Club Ximnasia Ferrolterra e, ao remate, procederase á lectura do Manifesto desta 8ª Andaina e a entrega simbólica do donativo deste ano (que irá destinado aos nenos/as afectados por enfermidades oncohematolóxicas).Ademais, ao longo da xornada recadaranse fondos para os nenos/as enfermos de cancro.
Andaina organizada conxuntamente polo Concello de Fene, asociación Por+Vida, KeneSalus e Club Ximnasia Ferrolterra coa colaboración de Cinfa, La Caixa, Ladival e imprenta San Esteban co obxectivo de celebrar o aniversario do Programa de Educación Física contra a Fatiga Oncolóxica de xeito saudábel e festivo, dando cabida a todo tipo de público e promovendo hábitos saudábeis xa dende o ámbito familiar.