CONCELLERÍA DE DEPORTES
O 20 de xuño comeza o prazo de inscrición das actividades deportivas do verán
07-06-2016
A PROGAMACIÓN:XXIV DIA DO DEPORTE NA RÚA. Domingo 3 de xullo de 2016, de 10:30 a 14:00 horas.
Na Avda. do Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Ceip Centieiras e Círculo de Perlío. Haberá inchables, circuito de karts a pedal, patinaxe, deportes de raqueta, pintadas, concurso de carteis, fútbol americano, atletismo divertido, Jugger (pelota e loita con armas simuladas), tiro con arco, e moito máis … Todos/as os/as nenos/as que participen, alomenos, en tres actividades, recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada (ata esgotar existencias)
Colaboran: CPR Jorge Juan, CCRD Perlío, Cultural Maniños, Amigos da Chave de Ferrolterra.
I CAMPUS DE ATLETISMO DIVERTIDO. Do 4 ao 8 de xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, no pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín) e arredores. Para nenos e nenas maiores de 4 anos
Actividades: atletismo divertido, xogos colectivos, xogos e exercicios de coordinación, práctica divertida das modalidades do atletismo carreiras, saltos, lanzamentos, …
Información e inscrición: do 20 ao 29 de xuño, de 8:30 a 14:00 horas no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 34 03 66 / 607 615 962
Cota: 15,70 € (a partir do 2º membro da unidade familiar 12,56 €)
Nº de prazas: 20
No caso de non reunir o mínimo necesario de participantes (10) esta actividade poderá suspenderse
III CAMPUS FEMININO DE FÚTBOL SALA MARIA VIEIRA “MAVI” – CONCELLO DE FENE. Do 11 ao 22 de xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, no pavillón polideportivo da Xunqueira e arredores. Para nenas e rapazas de 5 a 18 anos.
Con visitas de xogadoras da selección galega e da selección española de fútbol sala feminino.
Actividades: xogos e actividades multideporte (volei, futenis, bádminton, rugby, balonmán, baloncesto, …); exercicicios de técnica de fútbol sala; actividades ao aire libre nos arredores do pavillón, campo de fútbol e praias do Concello; minipartidos e competicións; festa de clausura o 22 de xullo.
Información e inscrición: do 20 de xuño ao 6 de xullo, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 340 366 / 607 615 962
Cota: 28,20 €. (a partir do 2º membro da unidade familiar 22,56 €)
Nº de prazas: 25
No caso de non reunir o mínimo necesario de participantes (12) esta actividade poderá suspenderse
CAMPAMENTO LÚDICO DEPORTIVO. Do 1 ao 12 de agosto de 2016, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas, no CMI Unidade de Fene. Para nenos/as de 4 a 12 anos.
Actividades: xogos de pistas, gymkanas en exteriores, actividades acuáticas e xogos na piscina (sempre que a climatoloxía o permita); obradoiros e actividades creativas, multideporte, xogos populares, concursos, velada nocturna o último día do campamento (inclúe a cea do xoves e o almorzo do venres)
Nº de prazas: 30
Información e inscrición: do 20 de xuño ao 27 de xullo, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 340 366 / 607 615 962
Cota: 28,20 € (a partir do 2º membro da unidade familiar 22,56 €)
Colabora: CMI Unidade de Fene.
III CAMPUS DE XIMNASIA ARTÍSTICA e TRAMPOLÍN. Do 22 ao 26 de agosto, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, no pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín) e arredores. Para nenos e nenas maiores de 4 anos
Actividades: xogos colectivos dirixidos, xogos e exercicios de coordinación, control corporal, axilidade e equilibrio; iniciación á Ximnasia artística, coñecemento dos catro aparatos e elementos básicos; iniciación ao trampolín; expresión corporal; obradoiros de manualidades e pintura; clausura con exhibición o último día do Campus.
Información e inscrición: do 20 de xuño ao 17 de agosto, de 8:30 a 14:00 h. no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán). Teléfono: 981 34 03 66 / 607 615 962
Máis Información: Responsables da Escola de Ximnasia Ferrolterra: 659 353 187 / 699 422 414
Cota: 15,70 € (a partir do 2º membro da unidade familiar 12,56 €)
Nº de prazas: 40
No caso de non reunir o mínimo necesario de participantes (12) esta actividade poderá suspenderse
CURSO DE TENIS. Do 11 de xullo ao 19 de agosto nas pistas de tenis do CCRD Perlio (no caso de choiva, as clases realizaranse no pavillón do colexio Jorge Juan).
Clases os luns, mércores e venres
Quendas:
- 10:30 a 11:30: maiores de 8 anos
- 11:30 a 12:30: nenos/as de 4 a 8 anos
- 12:30 a 13:30: Maiores de 8 anos
Información e inscrición:
- No Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene
- Do 20 de xuño ao 6 de xullo
- Horario: de luns a venres, de 8:30 a 14:00 h.
- Telefono: 607 615 962 / 981 340 366
- Cota: 23´25 € (a partir do 2º membro da unidade familiar 18,6 €)
CURSO DE PIRAGÜISMO.Do 13 de xullo ao 18 de agosto, de 11:30 a 13:30 horas na praia de Almieiras (Limodre). Para persoas maiores de 8 anos que saiban nadar
- 1ª quenda: luns e mércores: 12 prazas
- 2ª quenda: martes e xoves: 12 prazas
Cota: 23,25 € (a partir do 2º membro da unidade familiar 18,6 €)
Colabora: Mesón O Emigrante
XIMNASIA DE VERÁN. Do 1 ao 31 de agosto. Luns, mércores e venres laborables, de 9:30 a 10:30 horas, no paseo marítimo de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira (no caso de choiva as clases trasladaranse ao interior do Pavillón da Xunqueira). Todas as idades.
Para disfrutar da actividade física ao aire libre.
Actividades: actividade de grupo moderada e dirixida para para manter ou mellorar a condición física xeral en relación coa saúde, coordinación motriz, flexibilidade, resistencia aeróbica, forza e resistencia muscular, axilidade, … e todo isto, pasando un rato agradable cos demais.
Participación libre e gratuíta.
COLABORAN:
- CMI UNIDADE DE FENE
- CCRD PERLÍO
- COLEXIO JORGE JUAN
- MESÓN O EMIGRANTE
- CULTURAL MANIÑOS,
- AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA