CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
O mércores 8 de xuño abre o prazo para apuntar aos nenos e nenas de Fene no "Verán Máis Alá"
07-06-2016
O luns 13 de xuño publicarase na web www.fenecidadan.gal a listaxe dos/as participantes no XIV Verán Máis Alá! Publicada a listaxe, as familias dos nenos/as inscritos poderán realizar o ingreso bancario (do que deberán entregar xustificante no Departamento de Cultura e Deportes antes das 14:00 h do mércores 17 de xuño, coa fotocopia da tarxeta sanitaria e un xustificante médico, no suposto que o neno/a precise dun tratamento específico, amais dunha fotografía tamaño carné co nome do/a neno/a escrito pola parte de atrás).O custe da actividade (todo o mes) ascende a 68,15 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e a 36,70 € a partir do segundo membro da unidade familiar. No caso de apuntar ao/á pequeno/a durante unha quincena nada máis, o custe será de 34,08 € para o primeiro membro da unidade familiar matriculado, e de 18,35 € a partir do segundo membro da unidade familiar.
Para as familias en situación de escasa capacidade económica, as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo poderán acceder gratuitamente á actividade nos termos sinalados no artigo 4. da Ordenanza fiscal núm. 2 .
O Verán Máis Alá 2016 desenvolverase do 1 ao 29 de xullo nas instalacións do CEIP Centieiras de Perlío. Tendo en conta que un dos obxectivos deste programa é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, un ano máis estruturarase en dous bloques horarios:
· Bo día! Dende as 8:00 ata as 10:00 horas (os nenos e as nenas poderán incorporarse a calquera hora nesta franxa horaria).
· Máis alá! que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:30 (os nenos e as nenas deberán incorporarse ás 10.00 h e saír entre as 14:00 e as 14:30 horas).
MÁIS INFORMACIÓN
No Departamento de Cultura e Ensino (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita, 15500 Fene) Teléf.: 981 340 366. Correo electrónico: cultura.deportes@fene.gal