O xuíz Jose Antonio Vázquez Taín presenta en Fene a súa última novela

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O xuíz Jose Antonio Vázquez Taín presenta en Fene a súa última novela

José Antonio Vázquez Taín é un dos xuíces galegos máis populares, coñecido pola súa proximidade, humildade e capacidade de traballo. No seu primeiro destino, Vilagarcía de Arousa, obtivo extraordinarios resultados na súa loita contra o narcotráfico -retirou do mercado máis de 50 toneladas-, aprehendendo en 2003 o maior alixo de cocaína do século en España. Máis adiante, exercendo en Santiago de Compostela, ocupouse da instrución de asuntos de enorme repercusión, entre outros, o roubo e posterior recuperación do Códice Calixtino e o asasinato de Asunta Basterra. Actualmente exerce, como xuíz do Penal, na Coruña.
En 2013 publicou a súa primeira novela, titulada Santiago, la leyenda del santo oculto, e en 2014, Al infierno se llega de prisa, en Espasa.
Co motivo da presentación deste libro, a biblioteca municipal Xosémaría Pérez Parallé anuncia  ao longo do mes de xuño (dende o 13 de xuño ata 1 de xullo) unha mostra bibliográfica da novela negra galega na que se amosará clásicos e actuais deste xénero, como Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa, Á de mosca, de Aníbal Malvar, A praia dos afogados, de Domingo Villar,  Un nicho para Marilyn, de Miguel Anxo Fernández, "Miss Ourense", de Bieito Iglesias, A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, In vino veritas, de Francisco Castro, "A noite enriba" de Diego Ameixeiras, etc.
Sinopse de "El mar sin fondo": "O expresidente do goberno, un home cunha traxectoria fulgurante na política, que desde os comezos da Transición foi un dos principais puntais dos sucesivos gobernos de España, aparece morto nun piso de Ourense. 
Mentres as especulacións desátanse en todos os medios de comunicación, tras unha rápida investigación, o caso péchase como unha morte accidental, un diagnóstico que, con todo, deixa moitos cabos soltos. 
Neste punto a viúva do expresidente require os servizos dunha avogada coruñesa, co fin de que lle vaia informando dos avances policiais. Moi pronto, entre as dúas mulleres establécese unha corrente de simpatía e confianza que fai que a letrada senta implicada case persoalmente nun caso cada vez máis turbio e que parece que desencadeou unha serie de mortes na contorna do político falecido."