CONCELLERÍA DE DEPORTES
Reserva de prazas nas escolas deportivas municipais da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2016/2017
13-06-2016
O lugar e horarios para realizar a reserva e será as dependencias administrativas do pavillón da Xunqueira de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e os días 15, 22 e 29 de xuño de 16.15 a 19.00 horas. As actividades propostas son, entre outras, aeróbic, zumba, baile moderno, fútbol sala, pilates, baloncesto, ioga, patinaxe, natación terapéutica, pilates en piscina… Toda a programación, cos seus respectivos horarios e datas, está a disposición da veciñanza aquí e nos enlaces achegados.