Fene acollerá un curso de lingua galega preparatorio da proba para obter o Celga 3

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Fene acollerá un curso de lingua galega preparatorio da proba para obter o Celga 3

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.
Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Os cursos impartiranse nas datas, lugares e horarios recollidos no anexo II.
En Fene impartirase un curso preparatorio do Celga 3. Desenvolverase do  12.9.2016 ao 2.11.2016 en horario de 19.00 a 21.00 h de luns a venres no CEIP de Centieiras. Infórmate aquí