O proxecto da senda peonil no treito antigo da estrada AC-133 executarase este ano

ALCALDÍA

O proxecto da senda peonil no treito antigo da estrada AC-133 executarase este ano

O Concello de Fene amosou a total satisfacción có proxecto, que contempla unha mellora substancial co proxecto inicial xa que non estaba prevista a execución da senda ata o centro do Ramo nin o acondicionamento e reparación da pasarela existente, se ben solicitouse como mellora pendente de valoración a continuación da senda até o camiño do Carril.
Na xuntanza na que tamén participaron membros da corporación municipal de Fene e a directiva do CEIP O Ramo tivo como obxectivo coordinar estas actuacións que mellorarán a seguridade nunha vía que dá acceso a varios equipamentos docentes e culturais como o colexio, a escola infantil, o campo de fútbol ou o pavillón de deportes.
A Xunta establecerá un itinerario peonil de 130 metros de lonxitude pola marxe dereita no primeiro tramo da estrada ata a pasarela existente. O percorrido constará dunha senda elevada da plataforma da estrada para a protección dos peóns. O proxecto tamén contempla un afirmado da plataforma para acadar unha infraestrutura acondicionada para o uso compartido de ciclistas e vehículos.
No que se refire á pasarela existente, executarase un reacondicionamento mediante a reparación de elementos deteriorados e o pintado da totalidade da infraestrutura. Unha vez pasada a pasarela, habilitarase un itinerario peonil pola marxe esquerda da vía de 440 metros, que contará con características similares ás do primeiro treito.
Outras accións a levar a cabo son a reposición da drenaxe mediante a canalización enterrada, sinalización horizontal mediante pintado de novas marcas viais, substitución de varandas e balizamento.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda financia estas accións, enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia, mediante a achega dun investimento de máis de 223.000 euros.