CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Anuncio do tribunal de selección das prazas de auxiliar administrativo
17-06-2016
O prazo de subsanación comezará a computarse dende o día seguinte ao de publicación deste anuncio no taboleiro de edictos e na web municipal.Este acordo é un acto de trámite que non pon fin á vía administrativa e fronte a el poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes dende a súa publicación no taboleiro de edictos do Concello ou na páxina web do Concello ante o tribunal de selección ou ante o alcalde do Concello de Fene -órgano competente para a súa resolución-. Transcorrido o dito prazo sen terse interposto o recurso, o acordo será firme a todos os efectos.