CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
As Curuxas do humor xa ten gañadores/as na súa XX edición
17-06-2016
Categoría CURUXA-NOVA (menores de 25 anos)- 1.º Premio, dotado con 1.000 euros e diploma, ao traballo presentado co lema BUXATIÑO. Aberta a plica o seu autor é CRISTIAN FOJÓN CARUNCHO co título “Adaptación ao medio”. O xurado salienta a súa grande calidade gráfica e orixinalidade no aproveitamento dun tema de actualidade nas redes sociais para plasmalo de xeito humorístico en formato de cómic.
- 2.º Premio, dotado con 500 euros e diploma, ao traballo presentado co lema A GAIVOTA DE AMALIA. Aberta a plica a súa autora é ALBA SOUTO RODRÍGUEZ. O xurado valorou o seu estilo persoal, o traballo da cor e a crítica social reflectida na denuncia da contaminación.
- 1.º Premio, dotado con 2.000 euros e diploma, ao traballo presentado co lema RAY. Aberta a plica o seu autor é ALBERTO CARDONA VALCARCEL. O xurado destaca o pouso que deixa a historia, unha historia aberta, de humor negro, cunha excelente resolución gráfica acorde coa temática abordada.
- 2.º Premio, dotado con 1.500 euros e diploma, ao traballo presentado co lema BOMBILLA, título MODERNAS. Aberta a plica ANTÓN LEZCANO GONZÁLEZ. O xurado destacou o seu humor directo e moi galego, contrapoñendo a modernidade con aquilo que funcionou toda a vida.