Inscríbete nas actividades de verán do Programa de Peques a Maiores

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Inscríbete nas actividades de verán do Programa de Peques a Maiores

Espazo Novo: Expresarte
Este programa realizarase durante os meses de xullo e agosto. Está destinado para xente nova a partir dos 11 anos.
As actividades que se desenvolven son: “Arte en Cómic e Pintura”, e “Xeración vlogger e creación literaria online”.
O horario no que se desenvolverán estas actividades será de 10:30 h. a 12:00 h. tódolos mércores e xoves.
O nº de persoas por actividade será como máximo de 20.
O espazo físico onde se desenvolverán as actividades se combinará tendo espazos abertos ao aire libre con espazos pechados ou actividades en aulas, e segundo o tipo de actividade unhas estarán situadas en Avenida de Naturais, 44 entresollado e outras no CPS San Valentín.
O prazo de inscrición remata o vindeiro 4 de xullo xa que as actividades se inician mércores o 6 de xullo e finalizarán o mércores 31 de agosto.
Os obxectivos do programa son, entre outros:
·         Ofrecer aos xoves ferramentas para expresarse e participar socialmente de acordo cos seus gustos e inquedanzas.
·         Favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto común.
·         Fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo.
·         Contar con información sobre temas sociais e de actualidade acadando comportamentos saudables e responsables.
Campus de Verán: Suma e segue
Campus de Verán  é un programa de apoio educativo, gratuíto, dirixido para rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos, escolarizados nos centros educativos de Fene (alumnado de secundaria obrigatoria).
Lugar das actividades: instalacións do Centro Municipal de Servizos Sociais, en San Valentín.
Inicio das actividades: 1 de  agosto. Remate das actividades: 31 de agosto.
(Suma e Segue): de luns a venres ofrécense actividades de reforzo académico en varias áreas, proporcionando apoio de calidade nas diferentes materias e na súa aprendizaxe. Traballarase tamén a motivación e o adestramento de técnicas que faciliten o estudo, dun xeito ameno e práctico. Cada rapaz/a poderá apuntarse ás materias nas que precise reforzo ou nas que queira ampliar coñecementos.
Se ofertan actividades de reforzo académico (Suma e segue)  en horario de mañá. 
Preparad@s, list@s ..Xa!:
O programa “Preparad@s list@s ..xa!”  se desenvolverá do 1 ao 9 de setembro e vai dirixido a nenos/as con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos (que cursen educación primaria nos centros educativos do Concello de Fene). O horario  será de 10.00 h. a 13.30 horas nas aulas/instalacións municipais. 
PREPARAD@S, LIST@S...XA! é un obradoiro educativo que ten como finalidade preparar aos nenos e nenas para a volta ao cole. Traballaranse unha serie de contidos, de forma lúdica e participativa para repasar e ao tempo volver a coller hábitos escolares de cara ao novo curso.
 Realizaranse diferentes xogos e actividades visuais para estimular a imaxinación, creatividade, expresión oral e corporal, e traballaranse valores como a coeducación, a diversidade o respecto ao medio, deixando un espazo moi importante para a autonomía nas rutinas do día a día. 
O nº máximo de nenos e nenas na actividade será de 25, e no caso de non reunir o mínimo necesario de participantes (10) a actividade podería suspenderse.
As inscricións terán lugar ata o día 26 de agosto inclusive, no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bloque 1, baixo - San Valentín) ou nos teléfonos: 981.342.607/981.492.706 e tamén no correo servizos.sociais@fene.gal
 
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Concellaría de Benestar Social e Igualdade
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal