O Museo do Humor de Fene abrirá ao público dúas tardes á semana ao longo do verán

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O Museo do Humor de Fene abrirá ao público dúas tardes á semana ao longo do verán

“É a primeira vez que, nos seus trinta e dous anos de historia, o Museo do Humor abre polas tardes no verán”, explica a concelleira de Cultura, Amalia García Balado, quen animou á veciñanza de Fene e comarca e aos turistas que se visiten Ferrolterra este verán a achegarse polo Museo do Humor de Fene. A entrada é libre e gratuita.