I Fashion Night Fene

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

I Fashion Night Fene

A xornada arrincará ás 13,00 h. na Praza Verde con obradoiros e amenización musical. Despois pola tarde haberá cinco puntos de amenización : Praza do Concello, Avenida Naturais, Avda. Marqués de Figueroa (cruce con rúa Mirtos), Praza Verde e Praza da Escola en Perlío.
Pódese destacar a celebración dun desfile de moda na Praza do Concello ás 19.00. Tanto na Praza do Concello como na Praza Verde haberá actuacións musicais e actuacións das academias de baile de Fene, así como exhibicións de patinaxe.
Ademais diso diferentes establecementos farán as súas ofertas promocionais e degustacións para que a xornada de promoción do comercio e a hostelería fenesa sexa moi atractiva para as persoas que se acheguen a disfrutala.
As actuacións musicais serán as que siguen:
-          Praza do Concello: 21:30: Grupo Alabama
-          Praza Verde:13:00 Alberto Knox; 21:15  Grupo Emanens
-          Avda Naturais: 22:45 grupo Argali
-          Marqués de Figueroa (cruce rúa Mirtos): 23:00 Supersonics Oasis
-          Praza da Escolña: 22:00 grupo Penúltima Remontada