Fene acolle este domingo o XXIV "Día do Deporte na Rúa".

CONCELLERÍA DE DEPORTES

Fene acolle este domingo o XXIV "Día do Deporte na Rúa".

As actividades do Día do Deporte na Rúa de Fene desenvolverase na Avenida do Tarrío, rúa San Salvador e nos arredores do Ceip Centieiras e Círculo de Perlío, entre as 10:30 horas e as 14:00 horas (aínda que o tráfico permanecera pechado na zona dende as 7.00 ás 14.30 horas do domingo).  No caso de mal tempo, as actividades trasladaranse ao pavillón A Xunqueira de San Valentín.
O XXIV Día do Deporte na Rúa está organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Fene. Colaboran: Colexio Jorge Juan, CCRD Perlío, Amigos da Chave de Ferrolterra e Club Escola Ximnasia Ferrolterra.