CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
O venres, 1 de xullo, comeza unha nova edición do "Verán máis alá!"
29-06-2016
Este ano rendemos homenaxe a Manuel María, autor ao que se lle dedicou o “Días das Letras Galegas”, nomeadamente á súa literatura de viaxes (“Andando a terra”) así como á súa poesía infantil e ao mesmo tempo que facemos especial fincapé na educación para igualdade entre mulleres e homes.VERÁN MÁIS ALÁ! promete descubrir, amosar, buscar, rastrear e investigar cousas lugares, sons, personaxes, músicas, artes, cinemas, locais de diversión, profesións, costumes, lendas, a historia, o imaxinario, as festas, actualidade.... de Fene e da nosa contorna, dándolle unha volta creativa e divertida transformándoos en actividades do campus.
En VERÁN MÁIS ALÁ! faremos:
- Un amplo abano de actividades artísticas utilizando diferentes materiais que maximicen o potencial creativo das pequenas e pequenos artistas.
- Actividades formativas que apoien o currículo formal escolar, sen perder de vista o contexto lúdico e educativo no que se desenvolven: contafábulas, contos e xogos en inglés,. ciencia divertida.....
- Xogos cooperativos e populares, predeporte e deportes convencionais para favorecer a socialización, a cooperación a tolerancia e o xogo limpo.
- Actividades acuáticas: Xogaremos na auga nas instalacións da Piscina Municipal.
- Excursións: Coñeceremos o noso Concello e outros puntos da comarca.
- Danza, música, teatro: Coreografías, bailes, ritmos e expresión corporal, elasticidade…..
Desenvolverase do 1 ao 29 de xullo nas instalacións do CEIP Centieiras de Perlío en dous bloques horarios:
· Bo día! Dende as 8:00 ata as 10:00 horas (os nenos e as nenas poderán incorporarse a calquera hora nesta franxa horaria).
· Máis alá! que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:30 (os nenos e as nenas deberán incorporarse ás 10.00 h e saír entre as 14:00 e as 14:30 horas).