CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Expresarte
06-07-2016
As actividades, dirixidas a xente nova de 11 ou máis anos, comezan hoxe mércores 6 de xullo e finalizarán o mércores 31 de agosto, e serán entre outras: “Arte en Cómic e Pintura”, e “Xeración vlogger e creación literaria online”O nº de persoas por actividade será como máximo de 20.
O espazo físico onde se desenvolverá Expresarte se combinará tendo espazos abertos ao aire libre con espazos pechados ou actividades en aulas, e segundo o tipo de actividade unhas estarán situadas en Avenida de Naturais, 44 entresollado e outras no CPS San Valentín.
Os obxectivos do programa son, entre outros:
- Ofrecer aos xoves ferramentas para expresarse e participar socialmente de acordo cos seus gustos e inquedanzas.
- Favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto común.
- Fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo.
- Contar con información sobre temas sociais e de actualidade acadando comportamentos saudables e responsables.
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Concellaría de Benestar Social e Igualdade
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
Actividades enmarcadas no programa de “Peques a Maiores: compartindo espazos”, subvencionado na súa totalidade pola Deputación da Coruña.