CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Xavier Díaz & Adufeiras do Salitre abren este venres o ciclo do día da Patria Galega en Fene
07-07-2016
“The tambourine man”, o último traballo de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que se presenta mañá en Fene acadou este ano o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega. Alén diso, o disco mantívose no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016.“Humildes e poderosas a un tempo…Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras... son perfectas aliadas para montar unha foliada de dimensións ciclópeas”. Así se presenta o novo traballo de Xabier Díaz e as Adufeitas de Salitre, grupo de percusionistas e cantoras de música popular, un espectáculo no que tamén participan Gutier Álvarez (zanfona e violín) e Javier Álvarez (acordeón diatónico) e co que pretenden “invadir con muiñeiras e pasodrobres os festivais do mundo”.
Xabier Díaz & Adufeitas de Salitre son:
Xabier Díaz (voz e percusións)
Gutier Álvarez (zanfona e violín)
Javier Álvarez (acordeón diatónico)
Cristina Pico (voz e percusións)
Iria Penabad (voz e percusións)
Montse García (voz e percusións)
Patricia Gamallo (voz e percusións)
Maite López (voz e percusións)
Noemi Basanta (voz e percusións)
Carolina Vázquez (voz e percusións)
Bea Mariño (voz e percusións)
Lidia Sanmartín (voz e percusións)