CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Exposición do alumnado da escola de cerámica "Muiño Río Va" na Casa da Cultura
08-07-2016
A exposición “1ª Experiencia Cerámica” inaugúrase o martes 12 de xullo ás 19 horas e poderá visitarse ata o xoves 8 de setembro en horario de luns a venres, de 10:00 a 14:15 horas, e os martes e xoves tamén pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas.A exposición conta coal colaboración da Concellería de Cultura e Ensino.
A Escola de Cerámica Muíño Rio Va nace en Maniños (Fene) no ano 2013 por iniciativa da ceramista fenesa Carme Romero Díaz , coa colaboración de Aetna (Asociación Etnográfica Amigos do Río Va), do Concello de Fene e do tamén ceramista Francisco Pérez Porto. Segundo explica a súa impulsora, Carme Romero, nesta escola preténdese “ensinar a cerámica dende una boa base de traballo, para logo deixar que cada alumno/a desenvolva a súa creatividade e sen esquecer tamén a cerámica tradicional”.As clases teñen lugar no coñecido Muiño do Pombal de Maniños todos os luns, de 16.30 a 18.30 horas e, fora deste horario, “segundo a dinámica e traballo da escola”. Para participar na escola, os/as alumnos pagan unha cuota mensual, aportando a mestra o material para traballar e o forno.
Carme Romero Díaz (Fene, a Coruña , 1964). As súas inquedanzas artísticas inícianse coa pintura e no 1999 entra no mundo da cerámica nun taller do barrio de Hortaleza (Madrid), lugar onde reside ata o ano 2011. Asiste dous anos a cursos de esmaltes e corda seca no C.E.P.A. Dulce Chacón e no 2003 comeza a impartir cursos de cerámica na A.V.Unión de Hortaleza.
No 2011 volta a seu pobo logo de vinteoito anos de residir en Madrid e expón o seu último traballo , Mulleres mariñas, unha colección de esculturas cheas do sentimento que afondan nela na arelanza do seu mar. No 2014 a colección e escollida para representar a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient.
En Fene no 2012 monta un obradoiro de cerámica nun centro cultural. No 2014, asiste a un curso no CENTRAD en Lugo impartido polo gran ceramista Francisco Pérez Porto do que aprende novas técnicas para poder realizar e crear pezas de maior formato e dificultade. Ise mesmo ano, monta en Maniños no Muiño do río Va, coa colaboración de AETNA e do Concello de Fene unha escola de cerámica onde na actualidade imparte cursos coa inestimable e desinteresada axuda do mestre Pérez Porto.
EXPOSICIONS
Pintura C. C Federico Chueca(Madrid) 2011.
Cerámica e pinturaC.C. S.Virgilia (Madrid) 2004
Cerámica colectivas do taller en C.C. S, Virgilia, Silo Hortaleza(Madrid) 2003-2010
Cerámica “Mulleres marinas”, A.C. Danos tiempo (Madrid) 2010
Cerámica “Mulleres marinas” e pintura C. C. Fene 2011
Cerámica e pintura Conservatório Xan Viaño (Proxecto Comenius Europa) 2012
Cerámica e pintura “mulleres mariñas” C.C. Pontedeume 2012
Colectiva Torrente Ballester (Ferrol) 2012
Cerámica “Mulleres mariñas” Edifício Arquivo Betanzos ,organiza Eiravella, 2013.
Cerámica traballos fín do curso de Pérez Porto no CENTRAD en Lugo , 2014
Festival Interceltique Lorient 2014 representando a Galicia con “Mulleres mariñas”.
Cerámica “Meigas, sabias e mulleres boas” Casino ferrolán ,2015
Cerámica “Meigas, sabias e mulleres boas” Capela de Sta. María , Lugo, 2016