O ciclo "Día da Patria Galega" prosegue cun espectáculo de maxia.

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O ciclo "Día da Patria Galega" prosegue cun espectáculo de maxia.

Tamén teñen actuado en televisión (TVE, Antena 3, Cuatro, TVG, etc.) amais de editaren libros e de crearen artiluxios da sua propia invención que hoxe en día se venden en tendas especializadas de todo o mundo. Tamén son coñecidos como directores artísticos, productores e promotores de diversos shows escénicos no arte do ilusionismo.
O programa do Ciclo do Día da Patria Galega en Fene continuará o martes, 12 de xullo, a partir das 20:30 horas co Certame de Habaneiras e Canto Coral no que actuarán as Rondallas Estrelecer e Perla do Río e as corais de Agarimo, San Valentín, Eterna Xuventude e O Pote de Maniños. Tamén actuará o TradiCoro e pechará o concerto o coro Sisters in the house, formación galega que conta no seu repertorio con temas tan populares como "ain't no mountainhigh" ou "what s goingon" de Marvin Gaye, "crazy in love" de Beyoncé e "pastimeparadise" ou "as" de StevieWonder. Tamén lembra a Michael Jackson con "thriller", a Aretha Franklin con "respect", e mesmo aos lexendarios Beatles con "drive my car", sen esquecer o "satisfaction" dos Rolling Stones.
O mércores 13 de xullo celebrarase  a Festa da Veciñanza, xornada de convivencia interxeracional que incorpora este ano, como principal novidade e para mellorar a organización da actividade, o cobro dunha cota simbólica de 3 euros por ración (empanada, churrasco, bola de ovo e botella de auga)  na churrascada que comezará ás 20.00 horas na Praza do Concello.
As persoas que desexen asisitir á churrascada da Festa da Veciñanza poderán mercar os seus tickets nas sociedades CPS de San Valentín, CCRD de Perlío, CMI Unidade de Fene, ACDR Liga de Amigos de Barallobre, ACDR O Pote de Maniños, AVV de Limodre, AVV de Magalofes ou SCRD Agarimo de Sillobre.  O mesmo día 13, na Praza do Concello, só se poñerán á venda un máximo de 100 tickets.
Ao remate desta churrascada, que organiza unha entidade veciñal coa colaboración do Concello e do movemento asociativo de Fene, comezará o espectáculo e baile coa orquestra Os Modernos.
“Como consecuencia da súa constante ansia por renovarse e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra “Os Modernos” ofrece un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: foxtrot, baiao, chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca e mesmo un avant-garde twist, sen esquecer tampouco eses ritmos máis arcaicos e propios do folklore galego como a muiñeira ou a jota.”
"Os Modernos" son: Manolo Guldrís (bombo-chis), Xosé Tuñas (caixa), Carlos Osorio (gaita-de-fol), Joám Casas (clarinete), Lois Mouriño (saxo), Alonso Caxade (bombardino) e Iria Piñeiro (voz) como Rosalie de Choix.
O xoves 14 de xullo pecharase o programa do Ciclo do Día da Patria Galega coa lectura da declaración institucional  do “Día da Patria Galega” no Parque Lineal do Río Cádavo, fronte ao monumento “Día da Patria”. O acto comezará ás 20.00 horas. A declaración institucional correrá a cargo dePaloma Rodríguez Vázquez, psicóloga experta en igualdade, Ex directora do Centro de Información a Muller  do Instituto de la Mujer; ex Xefa de Sección do Servizo Galego de Igualdade; ex- Diputada do Congreso. Autora de publicación sobre igualdade, textos infantís e de ficción. Mestra no CEIP de Centieiras.