Canto coral na semana central do ciclo "Día da Patria Galega"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Canto coral na semana central do ciclo "Día da Patria Galega"

Stevie Wonder, Michael Jackson, The Beatles, Ray Charles ou Beyoncé son algúns dos artistas versionados por estas 20 cantantes galegas que decidiron unir as súas voces para ofrecer un espectáculo tan único coma novidoso na nosa terra. Amais dos clásicos da música negra, no seu repertorio inclúense temas da música popular galega, “arranxados dende unha visión máis actual”.
Sisters in the house está ingegrada por vocalistas de grande talento procedentes de moi diversos estilos (rock, jazz, folk, soul, fusion, etc.). Logo de percorrer boa parte da xeografía galega nestes últimos anos e con grande éxito de público, Sisters in the house publicou en 2014 o seu primeiro traballo discográfico, amais de ser un dos coros elixidos para participar no programa-concurso da TVG "Oh Happy Day".