O alcalde de Fene asina na Deputación os convenios da Rede Cultural

ALCALDÍA

O alcalde de Fene asina na Deputación os convenios da Rede Cultural

Ao abeiro destes convenios a Deputación achegará ao Concello de Fene unha subvención de 8.759,70 €, o 50% do cache das 13 actuacións que terán lugar entre xullo e decembro do ano que andamos.
Entre os grupos contratados pola Rede Cultural salientan as actuacións de Xabier Díaz&Adufeiras do Salitre; Orquestra Os Modernos ou o coro Sisters in the house (todas elas enmarcadas no ciclo “Día da Patria Galega”); os monologuistas Carlos Blanco, Víctor Grande e Xan de Arzúa (ciclo “Novembro, mes do humor”); e as que se enmarcarán nos programas de animación á lectura dos ciclos do Samaín e do Nadal: Lisístra, con “Non che teño medo”; Divermaxia con “O profesor chiflado”; Gran Pedrini con “A chisteira máxica”; Ti e máis eu Teatro con “A bruxiña do Nadal”; Raquel Queizás con “Nano contos”; Ghazafellos con “Iriña a bailarina” e Fani Triana con “Fantasía”.