CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Este venres, 15 de xullo, remata o prazo de inscrición para o curso preparatorio do Celga 3 que terá lugar en Fene.
12-07-2016
Segundo informan dende a Concellería de Cultura e Ensino, poderán solicitar a inscrición neste curso as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.O prazo para a presentación das solicitudes remata o vindeiro venres, 15 de xullo. Á solicitude –que se pode descargar dende a páxina web fenecidadan.gal- xuntaráselle unha copia cotexada do DNI ou NIE da persoa solicitante e presentarase:- Vía electrónica, sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
- En soporte papel (presencial):
- No Rexistro Xeral do Concello de Fene (portelo único), en días laborables, de luns a venres de 8:30 a 14:00 h; sábados de 9:30 a 13:30 h.
- En calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- No Rexistro Xeral do Concello de Fene (portelo único), en días laborables, de luns a venres de 8:30 a 14:00 h; sábados de 9:30 a 13:30 h.
A persoa que supere o Celga 3 posuirá un dominio da lingua que lle permita intervir nun conxunto variado de situacións de comunicación. As estruturas gramaticais e léxicas que utilizará proporcionaranlle a suficiente flexibilidade e capacidade para usar a lingua en situacións menos previsibles. Comprenderá textos orais e escritos de certa complexidade e distinguirá os elementos principais dos secundarios. Será capaz de producir textos comprensibles e cun grao alto de corrección normativa sobre temas diversos e tamén poderá defender un punto de vista sobre cuestións xerais, indicando os proles e os contras das distintas opcións. Poderá desenvolverse sen moitas dificultades en contextos en que o galego é lingua de traballo e interacción, polo que estará en condicións, por exemplo, de participar en cursos académicos ou en intercambios universitarios en Galicia.