CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes de persoal laboral temporal, condutor de vehículo motobomba
13-07-2016
A lista de aspirantes que se cree terá vixencia ata o 31 de decembro de 2018. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.As probas selectivas realizaranse polo sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura no anexo I e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.
Presentaranse no rexistro xeral do concello, podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.