CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO
Gañadores/as do IX Concurso De Tapas do Concello de Fene
15-07-2016
Neste ano 2016 participaron 22 esteblecementos de hostalaría nas categorías de Tapa Tradicional e de Tapa Creativa, nas que os gañadores/as foron elixidos polos clientes que percorreron todos os establecementos e cubriron a tarxeta da Fenerruta.A relación dos gañadores/as é a seguinte:
TAPA CREATIVA:
1º premio: Restaurante Casa Ana coa tapa "Larpeirada Salgada"
2º premio: Cafetería Lembranza coa tapa "Delicia Campestre
3º premio: O Arrecendo coa tapa "Solombo despeiteado"
TAPA TRADICIONAL:
1º premio: Cafetería Bombay, coa tapa "Xamón con mazá"
2º premio: Plaza Verde, coa tapa "Champiñóns á praza"
3º premio: D´anton Café, coa tapa "O Cazador"
Ademáis procedeuse ao sorteo dos premios aos clientes, aos que se lles fará a comunicación oportuna para que se acheguen a recollelo.
Os que completaron a Fenerruta dos 22 establecementos participaron no seguinte sorteo:
- O primeiro premio “3 días de Benestar”: estancia de 2 noites para dúas persoas, en SPA/Balnearios a elexir en toda España, con almorzos e tratamentos. Premio por cortesía de APC Servi Galicia.
- Un segundo premio “SPA & Gourmet”: estancia de 1 noite, para dúas persoas, en SPA/Balnearios a elexir en toda España, con almorzo e cea. Premio por cortesía de Santa Compaña Producciones.
Todas as tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entraron no sorteo de dez premios:
Cinco ceas para dúas persoas (1º e 2º plato, postre, café e bebida)
Cinco estuches de viños, por cortesía de Bodegas Barral
Premios por cortesía dos seguintes establecementos:
•Cafetería Praza Verde
•Mesón O Aturuxo
•Restaurante Casa Raquel
•Restaurante Muíño do Vento
•Restaurante Tortoni