Xornada formativa dirixida ao persoal das comisións de festas

CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO

Xornada formativa dirixida ao persoal das comisións de festas

A xornada terá lugar o vindeiro xoves día 21 de xullo, ás 19:00 h na Aula de Cursos do Departamento de Cultura e Ensino (Avenida de Naturais, 44, entresollado).
Esta xornada está dirixida aos membros das comisións de festas e entidades veciñais organizadoras deste tipo de eventos e non precisa de inscrición previa
Imparte a charla: Previnem (Prevención Integral de Emerxencias)