CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Anuncio Brigadistas
19-07-2016
Publicado 19/07/2016 o anuncio polo que se lle require aos nomeados que no prazo improrrogable de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación da resolución a que presenten a seguinte documentación:- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que teñen “a capacidade funcional necesaria para traballar nas brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais”.
- Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.
Se no prazo indicado o aspirante non presenta a documentación requirida pasará a ocupar o último lugar da lista de aspirantes, salvo que poida acreditar un suposto de forza maior