Anuncio nomeamento funcionario interino peón

CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO

Anuncio nomeamento funcionario interino peón

Requíreselle ao traballador que proceda a tomar posesión nun prazo máximo de tres días hábiles debendo achegar, con carácter previo, a seguinte documentación:
- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que teñen “a capacidade funcional necesaria para traballar como peón”.
- Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.
- Copia compulsada do carné B de conducir.Se no prazo indicado, o aspirante nomeado non presenta a documentación requirida, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toma posesión da praza de funcionario interino, quedará sen efecto o nomeamento realizado.