CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
O Verán Máis Alá remata cunha gran festa de despedida
28-07-2016
O programa "Verán máis alá!", que se veu desenvolvendo durante todo o mes de xullo nas instalacións do CEIP de Centieiras en Perlío, despídese este venres 29 cunha xornada de convivencia e confraternidade cos familiares e amizades dos participantes.Aínda que para os rapaces e rapazas rexe o horario normal da actividade, a xornada coas familias comeza, no propio CEIP de Centieiras, ás 12.00 h; no que se poderá visitar unha exposición dos traballos realizados polos rapaces e rapazas durante todo o mes así como participar nos postos e actividades da Feira medieval organizada neste fin de programa.
Ás 14:30 h a xornada trasládase á parroquia de Maniños, ás instalacións da SCRD O Pote, onde terá lugar un xantar de confraternidade con xogos en familia.