CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Inscríbete no campus de verán Suma e Segue
28-07-2016
O campus desenvolverase nas instalacións do Centro Municipal de Servizos Sociais, en San Valentín. Comezará o martes 9 de agosto, sempre e cando se acade un número mínimo de inscritos/as.Este programa está subvencionado pola Deputación Provincial e se organiza a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, coa finalidade de ofrecer un reforzo académico de calidade nas distintas materias, ofertando os seguinte módulos: MATECIENCIA, INGLÉS, LINGUAS E TÉCNICAS DE ESTUDO. Traballarase tamén a motivación e o adestramento de técnicas que faciliten o estudo, dun xeito ameno e práctico. Cada rapaz/a poderá apuntarse ás materias nas que precise reforzo ou nas que queira ampliar coñecementos.
As inscricións s realizaranse no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bloque 1, baixo - San Valentín) ou nos teléfonos: 981.342.607/981.492.706 e tamén no correo servizos.sociais@fene.gal
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Concellaría de Benestar Social e Igualdade
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal