Homenaxe ás corporacións democráticas represaliadas en 1936

ALCALDÍA

Homenaxe ás corporacións democráticas represaliadas en 1936

No acto que ten como principal obxectivo a recuperación da memoria democrática dos concellos, citáronse os nomes dos alcaldes asasinados que estaban en exercicio do seu cargo en xullo de 1936 cando o levantamento militar que deu inicio á ditadura. Entre eles, o alcalde de Mañón, Jesús Castaño Galdo, ao de Fisterra, Cipriano Fernandez, de Cedeira, Manuel Fernández, de Sada, Antonio Fernández, de Santiago, José Germán, de Betanzos, Tomás López, de Serantes, Alejandro Porto, de Mugardos, Juan Prieto, de Cabanas, Álvaro Puentes, de Monfero, Pablo Rico, de Fene, Ramón Souto, da Coruña, Alfredo Suárez Ferrín ou de Arzúa, Juan Manuel Vidal, unha listaxe á que sumou nomes como os de Ánxel Casal ou Xaime Quintanilla, que foran alcaldes de Santiago e Ferrol e formaban parte do goberno da Deputación ou Alfonso de Cal, anterior alcalde de Valdoviño e José María Novo, que ocupara o cargo en Betanzos. Hpubo tamén un recordo a outras formas de represión como as que padeceron os alcaldes de Ares, Ferrol e Miño, Benito Feijóo, Antonio Santamaría e Rogelio Pérez Medín que fuxiron a Francia.
Esta homenaxe desenvolveuse na véspera do pleno da Deputación no que se aprobará, co apoio de todos os grupos con representación, a declaración institucional para proceder a retirar as honras a Francisco Franco que deixará de ser Fillo Predilecto da provincia da Coruña e presidente de honra da Deputación.