ALCALDÍA
A Deputación financia a obra de acceso á escola infantil de Barallobre
05-08-2016
O deputado da área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello de Fene, Juventino Trigo, asinaron a colaboración pola que a Deputación da Coruña achega un 80,00 % do orzamento da obra de acceso á escola infantil de Barallobre. En total, a área de Cooperación cos Concellos financia con 89.894, 80 € o proxecto que ten un orzamento total de 112.368,51 €.O prazo de vixencia do convenio prolóngase até o 1 de novembro de 2017 en que terán que estar rematadas as obras.