CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Aberto o prazo para participar na 4º edición da Carreira Solidaria da Muller na Coruña (18 setembro)
08-08-2016
O concelleiro do PSOE Joaquín Ayala Garrido, responsable da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo de Atención á Muller do Centro Municipal de Servizos Sociais, informa da 4ª Edición da Carreira Solidaria da Muller que terá lugar en A Coruña o vindeiro 18 de setembro de 2016, evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Fene colabora coa Asociación Por+Vida patrocinando dous autocares, cedendo unha furgoneta e persoal municipal para a recollida do material da carreira en A Coruña e asumindo tamén o custe da publicidade e a súa difusión.
Información da actividade:
• Poden participar mulleres a partir de 12 anos de idade.
• Os buses serán gratuítos para as participantes, até completar prazas, segundo rigoroso orde de inscrición.
• O prazo para anotarse remata o 7 de setembro de 2016.
• Prezo inscripción (para material da carreira: camiseta, dorsal,...): 10,00 €. (Aboaráse á Asociación Por+Vida).
• Para máis información: pormaisvida2011@gmail.com ou no teléfono 639 788 038.
• Pódese entregar tamén a ficha de inscrición cuberta no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene, en San Valentín.
• A entrega da equipación para a carreira será o sábado 17 de setembro de 11:00h a 13:00h no Salón de Plenos do Concello.
• A saída dos autocares será o domingo 18 ás 8.30 h dende a praza do Concello e a volta da Coruña: ás 14.00 horas.
• Máis información sobre a Carreira da Muller na súa páxina web: http://www.carreradelamujer.com/
Responsable Municipal da Actividade: Eva Sayago Martínez - Psicóloga. Técnica de Muller e Igualdade.