CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dentro do Plan de Integración Laboral da Deputación
09-08-2016
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura no anexo I nas ditas bases e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.
Presentaranse no rexistro xeral do concello, podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.
Á instancia, conforme ó modelo que figura no anexo I, acompañarase da seguinte documentación:
- Copia compulsada do Documento de Identidade ou pasaporte.
- Documentación acreditativa orixinal ou fotocopia compulsada da experiencia laboral, onde apareza claramente reflexada a data do inicio e do remate da contratación, así como a categoría profesional (informe de vida laboral e copia dos contratos de traballo).
- Documentación acreditativa orixinal ou fotocopia compulsada da formación aportada pola aspirante
- Copia compulsada acreditativa de posuír o CELGA 1 ou título equivalente (só para aqueles/as aspirantes que desexen acreditar estar exentos/as da proba de lingua galega)
- Xustificación da condición de destinatario/a da base 3ª-
- Copia compulsada da tarxeta de demandante de emprego
- Copia compulsada do carné B.