CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Actividade informativa sobre o VIH Sida, do programa INFÓRMATE…PERDE O MEDO.
12-08-2016
O Concello de Fene e a asociación Aseduc organizan para o vindeiro domingo, unha nova actividade informativa sobre o VIH Sida, que se inclúe no programa INFÓRMATE…PERDE O MEDO, un proxecto de loita, acompañamento, prevención, información… do VIH, Sida, naqueles lugares que menos capacidade teñen para ser beneficiarios deste tipo de actuacións.Os obxectivos do programa son mellorar a información, formación e prevención do VIH, concienciar das vantaxes do uso do preservativo, formar a pares e voluntarios mantendo a perspectiva de xénero, ter o impacto necesario nos medios de comunicación…