CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Fene conta dende hoxe con máis efectivos no servizo de extinción de incendios
18-08-2016
A contratación faise efectiva por un período de tres meses e lévase a cabo grazas o convenio de colaboración suscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Fene para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, estando cofinanciada a mesma parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de desenvolvemento rural (FEADER).Cabe recordar que ao abeiro deste convenio están traballando dende o mes pasado na brigada de prevención de incendios, tamén por un período de tres meses, un xefe de brigada, un peón-conductor e dous peóns.