SEITADURA 22
Bases para a selección de persoal laboral da asociación SEITADURA22
29-08-2016
A presente convocatoria, ten por obxecto fixar as bases e determinar o procedemento e baremos das probas que se aplicarán no proceso de selección do persoal laboral contratado para xestionar o Programa LEADER de Galicia, no ámbito territorial dos concellos de Ares, As Somozas, As Pontes, Cariño, Cabanas, Capela, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Miño, Monfero, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, Vilarmaior e Valdoviño.Dito persoal será contratado pola Asociación Seitura22 Ferrol, Eume, Ortegal, Miño e Vilarmaior, si ben ate que non se produza a aprobación definitiva por parte de AGADER da estratexia presentada, non se producirá a formalización dos contratos de traballo nin a incorporación do persoal, que finalmente fora seleccionado/a, ao abeiro destas bases.
Os postos a cubrir son 4, un posto de Xerencia, dous Técnicos/as e un/unha Administrativo/a, condicionados a suficiencia orzamentaria asignada por AGADER, ao GDR.
Os/as interesados/as en participar no proceso selectivo, deberán presentar a súa solicitude, con indicación expresa do posto ao que se concorre, xunto con copia do DNI e a documentación que acredite os méritos alegados para a fase B, debidamente cotexada e en sobre pechado.
Debido a que a Asociación SEITURA22 Ferrol,Eume,Ortegal, Miño e Vilarmaior non dispón de persoal, as solicitudes presentarase, en man, no Rexistro do Concello de Ferrol, dirixida ao Presidente da Asociación Seitura22, D. Jorge Juan Suárez Fernández.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais contados dende o día seguinte ó da data da publicación no xornal