O xoves 1 de setembro arrinca o Obradoiro Preparados, listos..xa!

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

O xoves 1 de setembro arrinca o Obradoiro Preparados, listos..xa!

PREPARAD@, LIST@S...XA! é un OBRADOIRO SOCIOEDUCATIVO para nenas e nenos ENTRE 6 E 12 ANOS (que cursen Educación Primaria nos centros educativos do concello de Fene). As actividades se inician o xoves 1 de setembro e finalizarán o venres 9 de setembro, en horario de 10 a 13:30h no Centro Municipal de Servizos Sociais, en Avenida do Mar Bloque 1- Baixo, San Valentín.
Na actividade faranse diferentes xogos, xincanas e actividades visuais para estimular a imaxinación, a creatividade e a expresión corporal e oral de cada neno e nena. Á súa vez, traballaranse valores como a coeducación, a diversidade ou o respecto do medio, deixando un espazo moi importante para a autonomía nas rutinas do día a día.
O nº de persoas por actividade é como máximo de 25, ata o momento quedan 4 prazas por cubrir.
O espazo físico onde se desenvolverán as actividades se combinarán espazos abertos ao aire libre con espazos pechados ou e segundo o tipo de actividade. As actividades en aulas, estarán situadas no Centro Municipal de Servizos Sociais, en Avenida do Mar Bloque 1- Baixo, 44 San Valentín.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal