O Concello continúa cos traballos de retirada de niños de vespa velutina

CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

O Concello continúa cos traballos de retirada de niños de vespa velutina

A Concellería de Medio Ambiente; consciente da necesidade dunha resposta rápida e eficaz á aparición deste insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas; lembra  a cidadanía de Fene da importancia de poñer en coñecemento no propio Concello ou no 012 a existencia dun niño.
Para máis información, consulte no enlace achegado a sección divulgativa con información sobre actuacións en caso de avistamento, a diferencia morfolóxica coa vespa cabro, construcción de trampas....