EXPRESARTE despídese do verán

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

EXPRESARTE despídese do verán

Xeración vlogger e creación literaria online, desenvolveuse nos meses de xullo e agosto e estaba destinado para xente nova a partir dos 11 anos. Os obxectivos do programa que se traballaron, entre outros foron;
  • Ofrecer aos xoves ferramentas para expresarse e participar socialmente de acordo cos seus gustos e inquedanzas.
  • Favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto común.
  • Fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo.
  • Contar con información sobre temas sociais e de actualidade acadando comportamentos saudables e responsables.
 
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal