Recepción no Concello dos nenos/as saharauis e das súas familias

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Recepción no Concello dos nenos/as saharauis e das súas familias

A estadía en Fene en acollemento familiar foi dous meses (xullo e agosto) pero nos vindeiros días os/as rapaces regresarán coas súas familias de orixe, aos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria).
Recordar aos veciños e veciñas de Fene que desexen acoller a un neno ou nena saharaui no verán 2017, que poderán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Fene en calquera momento do ano, sendo no último trimestre cando se debe cursar a solicitude.