Comezo do curso preparatorio do CELGA-3

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Comezo do curso preparatorio do CELGA-3

O curso, que terá lugar nas instalacións do CEIP de Centieiras, desenvolverase de luns a venres, en horario de 19:00 a 21:00 h entre o 12/09/2016 e o 02/11/2016.
O alumnado matriculado no CELGA-3 traballará as estruturas gramaticais e léxicas que utilizará proporcionaranlle a suficiente flexibilidade e capacidade para usar a lingua en situacións menos previsibles.
Comprenderá textos orais e escritos de certa complexidade e distinguirá os elementos principais dos secundarios. Será capaz de producir textos comprensibles e cun grao alto de corrección normativa sobre temas diversos e tamén poderá defender un punto de vista sobre cuestións xerais, indicando os proles e os contras das distintas opcións. Poderá desenvolverse sen moitas dificultades en contextos en que o galego é lingua de traballo e interacción, polo que estará en condicións, por exemplo, de participar en cursos académicos ou en intercambios universitarios en Galicia.
Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes, xa que non se expedirá ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia aos cursos preparatorios para as probas do CELGA Para realizar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1, 2, 3 e 4 é imprescindible formalizar a  inscrición, con anterioridade ao 18 de setembro, segundo o procedemento que se detalla na Orde de convocatoria destas probas