Parabéns aos efectivos de seguridade que participaron no rescate do mozo accidentado no Belelle

ALCALDÍA

Parabéns aos efectivos de seguridade que participaron no rescate do mozo accidentado no Belelle

Segundo manifestou Juventino Trigo Rey quen, xunto coa Concelleira de Seguridade, Sandra Permuy, estiveron presentes mentres durou todo o operativo, o impresionante labor dos servizos de Protección Civil e da Policía Local de Fene, Emerxencias Médicas-061, Bombeiros de Ferrol e do helicóptero Pesca II da Xunta de Galicia fixeron posible que, malia á grande dificultade destas tarefas, un rescatador descendera do helicóptero e coa colaboración do persoal que permanecía en terra lograra axudar a subir a bordo da nave ao mozo e o rescate fora todo un éxito.