ALCALDÍA
Xunta e Concello abordan a ampliación das instalacións de ASPANEPS
08-09-2016
No decurso desta reunión perfiláronse os termos do futuro acordo entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), o Concello de Fene e ASPANEPS para a cesión do local titularidade do IGVS a ASPANEPS e autorización de ocupación temporal do local a favor do Concello de Fene.A formalización deste acordo realizarase proximamente, logo da sinatura do documento que están a elaborar os servizos técnicos do IGVS.
Con esta iniciativa ASPANEPS poderá ampliar as súas actividades e servizos que presta nas instalacións, nomeadamente o desenvolvemento de talleres ocupacionais para mozos con minusvalías psíquicas.