Finalización do programa Preparad@s, list@s... xa!

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Finalización do programa Preparad@s, list@s... xa!

O obradoiro socioeducativo  tivo como finalidade preparar aos nenos e nenas para a volta ao cole, estimulando a creatividade, e os valores de grupo. Traballáronse unha serie de contidos, de forma lúdica e participativa para repasar e ao tempo volver a coller hábitos escolares de cara ao novo curso, estimulando a concentración e a atención relacionándose cos demais compañeiros/as, compartindo e expresándose libremente. As persoas participantes realizaron diferentes xogos e actividades visuais para estimular a imaxinación, creatividade, expresión oral e corporal, e traballaron valores como a coeducación, a diversidade o respecto ao medio, deixando un espazo moi importante para a autonomía nas rutinas do día a día. 
Participaron unha media de 15 nenos e nenas.