Exposición da Asociación Narón Amigos da Arte "Narart" na Casa da Cultura de Fene

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Exposición da Asociación Narón Amigos da Arte "Narart" na Casa da Cultura de Fene

É a segunda vez que a asociación Narart expón en Fene (a anterior mostra data do mes de febreiro de 2013). Nesta ocasión, a exposición dos Amigos da Arte de Narón amosarase na Casa da Cultura de Fene dende o luns 12 ao venres 30 de setembro, en horario de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. A Asociación Narón de Amigos da Arte, Narart, naceu en xuño do 2011 co obxectivo de potenciar a actividade cultural nos campos das artes plásticas e literarias. Baixo esta premisa, a entidade organiza exposicións de pintura, talleres de diferentes disciplinas artísticas, conferencias e mesas redondas, sen esquecer o seu certame literario que ven de cumprir seis anos. Ademais, Narart colabora habitualmente en eventos solidarios e poxas benéficas promovidas por outras entidades. A través do blog naronamigosarte.blogspot.com pode seguirse puntualmente a súa actividade.