O Concello de Fene convoca as axudas do Bono Bús Universitario 2016-2017

CONCELLERÍA CULTURA E ENSINO

O Concello de Fene convoca as axudas do Bono Bús Universitario 2016-2017

Segundo se establece nas bases, a axuda materializarase a través do ‘carné bono-bus subvención’, documento expedido pola empresa Arriva S.A. para a realización das viaxes ao longo do curso escolar 2016-2017 (período computable 9 meses: dende o mes de setembro (1/09/2016) de 2016 até o mes de maio de 2017 (30/05/2017), ámbolos inclusive. Poderán solicitar as axudas do Bono Bus Universitario as persoas que cumpran os seguintes requisitos: estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Fene na data da convocatoria; cursar estudos universitarios para os que sexa necesario desprazarse até A Coruña; non superar os máximos de base liquidable xeral sometida a gravame por unidade familiar, determinados nas bases; presentar a documentación requirida nas mesmas bases; e non ter pendente de xustificación por parte do solicitante ningunha subvención concedida polo Concello de Fene, sempre que tivese finalizado o prazo de xustificación.
A subvención concedida variará en función do número de beneficiarios finais e de acordo coa seguinte táboa:
  1. Máximo de 5 beneficiarios: subvencionarase o 100% do custo do bono bus .
  2. Entre 6 e 9 beneficiarios: subvencionarase o 60% do custo do bono bus
  3. Entre 10 e 14 beneficiarios: subvencionarase o 40% do custo do bono bus
  4. Entre 15 e 19 beneficiarios: subvencionarase o 30% do custo do bono bus
  5. Entre 20 e 28 beneficiarios: subvencionarase o 20% do custo do bono bus.
As solicitudes das subvencións ao transporte universitario presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fene (de luns a venres, de 8.30 a 14.00 horas) a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. O prazo concluirá o 14 de outubro e, segundo se establece nas Bases, será improrrogable e tramitarase con independencia de ter aprobado ou non a selectividade ou de estar admitido/a ou non nunha facultade.
Consultar as bases aquí
Transporte metropolitano ao IES de Fene
Por outra banda, o anpa do IES de Fene infórmanos que hoxe xoves ponse en marcha as liñas de Transporte metropolitano no horario habitual para todo o curso. Haberá dúas liñas de transporte metropolitano ao IES de Fene (levarán un cartel indicativo)
1) 7.35 Estación autobuses Ferrol, por Neda, Conces, Marques de Figueroa, Ies de Fene. 2) 7.45 Estación autobuses Ferrol, por Caranza, As Pías, Av. Naturais, Porta do Sol, Rego da Moa, Ies de Fene.Todas as liñas regulares de Ares, Mugardos e Pontedeume enlazarán na parada de A Solana (Barallobre) cun bus lanzadera nos horarios de entrada e saída ao IES de Fene.
O Alumnado da liña regular de Autos Capela (por Sillobre) enlazará coa liña 2) de Arriva na Avenia Naturais de Fene.As paradas de todas as liñas serán as oficiais do transporte público.
Como novidade deste ano a mocidade usuaria do transporte metropolitano pode solicitar a Tarxeta Xente Nova para transporte metropolitano gratuito coa que se lle aplicará unha tarifa de 0 € nas viaxes metropolitanas interurbanas realizadas dentro do ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia, cun número máximo de 60 viaxes mensuais por persoa usuaria.