Éxito da convocatoria para a participación na IV edición da Carreira Solidaria da Muller da Coruña

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Éxito da convocatoria para a participación na IV edición da Carreira Solidaria da Muller da Coruña

O Concello de Fene, a través do Servizo de Atención á Muller do Centro Municipal de Servizos Sociais colabora por 3º ano consecutivo coa Asociación Por + Vida na organización, difusión e traslado de participantes á 4ª Edición da Carreira Solidaria da Muller de A Coruña, evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.
Persoal municipal e da asociación desprazaránse mañán até o Palacio de Congresos de A Coruña para recoller os dorsais e o material da carreira das 156 participantes. Para ello, o Concello pon a disposición un furgón e un vehículo municipal.
A equipación para a carreira quedará nas instalaciones do Concello até o sábado, día no que as participantes poderán pasar a retirarlo en horario de 11:00 h. a 13:00 h.
A saída dos autocares será o domingo 18 ás 8.30 h dende a praza do Concello e a volta de A Coruña ás 14.00 h., con chegada prevista a Fene sobre as 15:00 h.
Desexamos que un ano máis, as participantes volvan a deixar á Asociación Por Máis Vida e ao Concello de Fene nunha boa posición e acaden bos resultados, tal como ven sucedendo en anos anteriores. Na edición do pasado ano, acadáronse tres premios:
    • PRIMER PREMIO – TROFEO: Asociación con mayor número de participantes.
    • PRIMER PREMIO – TROFEO: Á corredoira máis veterana (maior de 75 anos).
    • TERCER PREMIO – TROFEO: Á asociación co mellor tempo de chegada á meta.
Máis información sobre a Carreira da Muller na súa páxina web: http://www.carreradelamujer.com/