Aberto o prazo no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social

CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO

Aberto o prazo no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 7 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP 15/09/2016).
A lista de aspirantes creada terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.