Presentación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte no Concello de Fene

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO

Presentación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte no Concello de Fene

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020 no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne.
Nesta reunión explicarase polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.
Por tal motivo, convidase a todas as persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens; Confrarías de Pescadores; Asociacións do Sector Pesqueiro e as súas Federacións; Asociacións sen ánimo de lucro..... e Entidades Públicas Locais, a participar nesta reunión e que se informen de primeira man desta liña de axudas para este territorio.
Máis información: http://galpgolfoartabronorte.blogspot.com.es/