CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
A aula móbil da reciclaxe chega esta semana a Fene
28-09-2016
A través deste dispositivo itinerante, educadores medioambientais especializados en xestión de residuos, explicarán aos transeúntes os pormenores da reciclaxe, deténdose na correcta selección dos materiais xerados en maior medida nos fogares e contedores de destino dos mesmos: amarelo, para latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios); azul, para os envases de cartón e papel (nunca papel plastificado, sucio e con restos de graxa); iglú verde, para os de vidro (nunca vidros especiais tales como lámpadas, espellos, cristalerías e parabrisas de coches, entre outros); recipiente específico para pilas; e contedor verde convencional, para a fracción resto.Ademais da tarefa informativa, haberá tamén unha formativa e de concienciación social coa que se pretende trasladar á poboación as vantaxes ambientais, económicas e sociais da reciclaxe, así como a importancia que ten a activa participación da cidadanía para a consecución das mesmas.
Os/as veciños/as poderán aproveitar a xornada para consultar todas as súas dúbidas, corrixir posibles erros e ata para dar a coñecer a súa opinión e posicionamento sobre o sistema de recollida selectiva en Galicia.