Concerto do encontro internacional de pulso

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Concerto do encontro internacional de pulso

Virtuoso da bándola solista, o músico Juan Sebastián Vera participa habitualmente en producións discograficas e encontros internacionais deste instrumento. Tamén pertenceu a diversas formacións coas que sempre conseguiu importantes premios, dentro e fóra da súa terra. Compositor e docente, na actualidade, é tamén director da Estudiantina de Chía. Sobre Juan Sebastián Vera: “A súa formación tanto no medio popular como no académico transmite esencia e emoción e logra, ao mesmo tempo, descubrir cada son e cada frase nunha linguaxe única, baseada na capacidade de expresar emocións co instrumento. A súa procura de timbres, efectos e cores potencia as calidades da obra, cun estilo propio e autónomo; realiza adaptacións e composicións propias, polo que consegue levar a cabo repertorio novo para este instrumento. Co seu traballo de grao “Bandolarium 4 obras para bándola soa”, achega a interpretación deste instrumento a técnicas novas”.
O dúo Ánimos está formado por Juan Sebastián Vera coa bándola e por Luís Fernando que o acompaña coa guitarra clásica. Ambos os dous artistas son orixinarios de Chía (Colombia).